Page de couverture de Fusco. A Crónica negra da Galiza

Fusco. A Crónica negra da Galiza

Fusco. A Crónica negra da Galiza

Auteur(s): Parola Comunicación
Écouter gratuitement

À propos de cet audio

Fusco é o espazo sonoro da crónica negra da Galiza. Ao longo dos episodios falaremos de crimes reais e misterios non resoltos que configuran a historia máis fusca do noso país. Historias que, dende logo, merecen ser contadas. Síguenos en Instagram para saber máis! https://linktr.ee/parolacomunicacionParola Comunicación True Crime
Épisodes
  • María Docampo. Un asasinato entre o amor tóxico e a CIA
    Jul 11 2023
    Eran as 8:00 da mañá dun 23 de setembro do 1948 nunha finca coñeciza como a da Brava, en Arillo. Na parroquia de Dorneda, Oleiros.

    Nesta finca habitaban Francisco Docampo e María Ramos , os pais, e Encarnación e María Docampo Ramos, as fillas.

    Emigraran había moitos anos aos Estados Unidos, coma tantos e tantas outras galegas, e deciridiran había moi pouquiño voltar á terra. Para iso, facía anos que mercaran un fermoso pazo

    O marido de María Docampo, aparecera por sorpresa había uns días. Era sabido que os pais non gostaban nada del. Dicían que era un lacazán que vivía da súa filla, que consumía drogas e que chegara a traficar con elas.

    José García Peña, que así se chamaba, non tardaría moito en acometer un triple asasinato e intento de incendio.

    Comezaba así o crime do Jalisco.


    Queres saber máis?

    Moitas grazas a Pedro Lamas e á Música de Cecebre.

    E moitas grazas a vós, escoitantes por apoiarnos durante toda a tempada.

    Voltamos no outono! Que a luz vos acompañe

    Ligazón ás nosas redes sociais, web e correo:
    https://linktr.ee/parolacomunicacion

    Música:

    Jalisco no te rajes: por Antonio Domínguez en NYC, cedida por Pedro Lamas
    Atlantis, Somber: "music by audionautix.com"
    Echoes of Ireland, The Storyteller, Spiritual: "música de https://www.fiftysounds.com"
    Voir plus Voir moins
    34 min
  • O maior asasinato en masa da Galiza
    Jun 26 2023
    Lugar de Surribas, Chantada, mércores 8 de marzo do 1989
    Esta aldea tranquila do suroeste galego, Na Ribeira Sacra xa case lindando con Pontevedra, sofre o maior asasinato en masa da nosa historia.
    Paulino Fernández Vázquez, labrego de 64 anos acabaría coa vida de 7 veciños e veciñas e feriría a outras tantas.


    Queres saber máis?

    Ligazón ás nosas redes sociais, web e correo:
    https://linktr.ee/parolacomunicacion

    Música:
    Atlantis: "music by audionautix.com"
    Amphitritr, Spiritual, The Storyteller, Sarabande: "música de https://www.fiftysounds.com"
    Voir plus Voir moins
    21 min
  • Elisa Abruñedo. 10 anos sen respostas
    Jun 11 2023
    Para enterder o mal, hai que entender a escuridade
    1 de setembro do ano 2013. Elisa Abruñedo sae a pasear como o facía todos os días.
    Non ía lonxe, pola contorna da súa casa sita no lugar de Lavandeira, no Concello de Cabanas.

    Ninguén máis voltaría vela con vida, só o seu verdugo. Un energúmeno que deixou un rastro xenético que é a clave deste crime pois non hai testigos.

    Queres saber máis?

    Moitas grazas a Adrián Fernández Abruñedo e Natalia Puga por colaborar neste falangullo

    Ligazón ás nosas redes sociais, web e correo:
    https://linktr.ee/parolacomunicacion

    Música:
    Atlantis: "music by audionautix.com"
    Persephone, Lithae: "música de https://www.fiftysounds.com"
    Voir plus Voir moins
    21 min
Pas encore de commentaire