OFFRE D'UNE DURÉE LIMITÉE. Obtenez 3 mois à 0,99 $/mois. Profiter de l'offre.
Page de couverture de O cuatro, un instrumento portorriqueño, construído con castiñeiro galego. Ricardo Ramos e Pablo Hernández Mejías

O cuatro, un instrumento portorriqueño, construído con castiñeiro galego. Ricardo Ramos e Pablo Hernández Mejías

O cuatro, un instrumento portorriqueño, construído con castiñeiro galego. Ricardo Ramos e Pablo Hernández Mejías

Écouter gratuitement

Voir les détails du balado

À propos de cet audio

Ricardo Ramos naceu en Bayamón, municipio de Porto Rico, illa caribeña cunha identidade musical propia marcada polo son do cuatro: un instrumento de corda pulsada que constrúe actualmente no seu obradoiro situado en Sarria (Lugo). O seu traballo combina o respecto á tradición boricua coas innovacións adquiridas na súa formación en Granada e La Herradura, achegando novas técnicas de construción. Como mostra deste diálogo, Ricardo Ramos presenta un cuatro construído con madeira galega de castiñeiro.


Escoitamos a sonoridade deste instrumento grazas ao músico Pablo Hernández Mejías, que interpreta danzas, mazurcas e aguinaldos de Porto Rico en mestura con ecos da música europea, revelando a versatilidade e a forza expresiva deste instrumento da cultura popular portorriqueña

Idea orixinal e dirección: Samuel Diz.

Guión, produción e locución: Beatriz Fontán.

Produción de son: Isaac Palacín.

Deseño gráfico: Beatriz Fontán.

Revisión lingüística: Olga Nogueira.

Interveñen: Ricardo Ramos e Pablo Herández Mejías

Fotografía da portada cedida por Artesanía de Galicia


Pas encore de commentaire