Épisodes

  • Música e son na experiencia dos viaxeiros británicos en Galicia. Eva Moreda
    Dec 18 2025

    A musicóloga galega Eva Moreda, especialista na historia musical da España contemporánea, toma o artigo “Music in Spanish Galicia” (1924), do británico John Brande Trend, como detonante para abrir unha nova liña de investigación dedicada á música e ao son na experiencia dos viaxeiros británicos en Galicia. A súa participación conta co apoio do Glasgow Knowledge Exchange Fund da Universidade de Glasgow, institución da que é catedrática de musicoloxía.

    Moreda explora como, antes de Trend, diversos viaxeiros británicos visitaron Galicia a comezos do século XX e deixaron nas súas guías e memorias nu-merosas referencias á música e aos sons que escoitaron: gaitas, pandeiretas, procesións, música relixiosa ou cancións populares. A través destas testemu-ñas —de Annette Meakin, Walter Wood, Catherine Hartley ou Aubrey Bell— reconstrúe a paisaxe sonora histórica desa época e analiza como contribuíron a crear un imaxinario británico sobre Galicia, ás veces idealizado, pero sem-pre revelador.

    Dirección: Beatriz Fontán.

    Produción executiva e comisariado: Samuel Diz.

    Produción de son: Isaac Palacín.

    Deseño gráfico: Beatriz Fontán.

    Revisión lingüística: Olga Nogueira.

    Intervén: Eva Moreda.

    Música: Música: "Romance de don Gaiferos" Romance de cego arranxado por Pedro Lamas, e interpretado por Germán Díaz, Antonio Romero Cienfuegos e o propio Lamas no Festival Música no Claustro 2024

    Fotografía de portada: Nikolai

    Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.

    Voir plus Voir moins
    32 min
  • O entusiasmo na lutería: Ana Fariña, Guillermo Dacal e Patricia Cela.
    Dec 14 2025

    Neste episodio escoitamos as voces de Ana Fariña, Guillermo Dacal e Patricia Cela, tres persoas que deciden apostar polo oficio da construción de instrumentos musicais desde lugares e momentos vitais moi distintos, equilibrando vocación, realidade e entusiasmo.

    A través das súas experiencias persoais coñecemos mudanzas internacionais, retornos a Galicia, aprendizaxes intensas e paróns necesarios. Fálannos das dificultades reais do oficio, dos retos económicos e emocionais, dos teitos de cristal e tamén da importancia de atopar espazos de calma onde crear, reparar e recuperar sentido.

    As súas traxectorias, honestas e cheas de humanidade, lembran que detrás de cada instrumento feito a man hai unha vida en cambio continuo. E que compartir estes procesos, falar deles e poñelos en común, fortalece o sector e dálle valor á artesanía contemporánea.

    Dirección: Beatriz Fontán

    Produción executiva e comisariado: Samuel Diz

    Produción de son: Isaac Palacín e Samuel Diz

    Deseño gráfico: Beatriz Fontán.

    Revisión lingüística: Olga Nogueira.

    Interveñen: Ana Fariña, Guillermo Dacal e Patricia Cela

    Música: «Tempo molto moderato» e «Lento expresssivo» do "Quintet for Oboe and Strings" de Arnold Bax (Londres 1883 - Cork, 1953). Iria Folgado "Ecos de Breogán" (Poliédrica, 2023).

    Fotografías de portada: Retratos de Ana Fariña e Guillermo Dacal cedidas por Artesanía de Galicia e o retrato de Patricia Cela feito por Elena Llanes.

    Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.

    Voir plus Voir moins
    34 min
  • Prevención de riscos laborais nos obradoiros de instrumentos musicais
    Dec 7 2025

    Neste episodio exploramos un tema esencial, aínda que pouco tratado nos obradoiros de instrumentos musicais: a prevención de riscos laborais. Falamos do impacto que teñen materiais, procesos, espazos de traballo e hábitos profesionais na saúde das persoas que constrúen, manteñen e reparan instrumentos musicais. Para iso contamos con dúas voces complementarias:

    A lutier cántabra Elena Llanes, que en 2012 realizou o seu traballo de fin de máster de riscos laborais sobre o obradoiro de construción de gaitas de Patricia Cela, xa que logo, reflicte os riscos reais, como o po de madeira, os fungos, as vibracións ou o ruído.

    E, por outra banda, Sergio Meyer Escoboza, docente e técnico de formación e emprego da Escola Albayzín, Centro de Referencia Nacional en Artesanía, que explica como se está a incorporar a prevención de riscos na formación regrada das futuras xeracións de lutieres e profesionais da artesanía.

    Dirección: Beatriz Fontán

    Produción executiva e comisariado: Samuel Diz

    Produción de son: Isaac Palacín.

    Deseño gráfico: Beatriz Fontán.

    Revisión lingüística: Olga Nogueira.

    Interveñen: Elena Llanes e Sergio Meyer Escoboza

    Música: "Cuarteto modal”, da compositora María Teresa Prieto, interpretada polo Moser String Quartet en Música no Claustro 2024.

    Fotografía de portada: Obradoiro Cella Fine Violins.

    Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.

    Voir plus Voir moins
    40 min
  • Intérpretes e lutería. Unha convesa entre Raquel Areal e María Casado
    Dec 1 2025

    Neste episodio achegámonos ao diálogo entre construción, interpretación e repertorio a través dunha conversa entre a violinista galega Raquel Areal, integrante da Filharmónica de Berlín, e a xestora cultural e violinista María Casado, coordinadora do programa MUSAE (Música en los Museos Estatales) do Ministerio de Cultura. Xuntas reflexionan sobre o acceso aos instrumentos, a importancia da honestidade na relación coas persoas lutieres, as carencias formativas na lutería dentro dos conservatorios e a necesidade de fortalecer a conexión entre profesionais da interpretación e da construción.

    Dirección: Beatriz Fontán

    Produción executiva e comisariado: Samuel Diz

    Produción de son: Isaac Palacín.

    Deseño gráfico: Beatriz Fontán.

    Revisión lingüística: Olga Nogueira.

    Interveñen: Raquel Areal e María Casado.

    Música: "Nocturne”, da compositora Lili Boulanger interpretada pola propia Raquel Areal xunto á pianista Karla Martínez Rabanal en Música no Claustro 2025.

    Fotografía de portada: Música no Claustro.

    Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.

    Voir plus Voir moins
    25 min
  • Mapeo de eventos arredor dos instrumentos musicais
    Nov 23 2025

    Trazamos unha cartografía polos principais eventos que hoxe articulan o ecosistema arredor da construción, investigación e difusión dos instrumentos musicais. Desde o foro Resonancias, onde nace este podcast, ata o recente encontro Zona da zanfona, celebrado en Arzúa, percorremos feiras, encontros profesionais, xornadas científicas e festivais que poñen en diálogo a lutería, a artesanía, a interpretación e a investigación organolóxica.

    Viaxamos polas Xornadas de Instrumenta, polo Encontro Profesional Galego para a Construción de Instrumentos impulsado por LABRA (Asociación Profesional Galega de Construción de Instrumentos Musicais), polo Memorial Ricardo Portela, pola Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas, polo Encordass Fiddle Fest, na Illa de San Simón, e pola 21ª edición de Zona da Zanfona.

    Dirección: Beatriz Fontán

    Produción executiva e comisariado: Samuel Diz

    Produción de son: Isaac Palacín.

    Deseño gráfico: Beatriz Fontán.

    Revisión lingüística: Olga Nogueira.

    Interveñen: Dani García de la Cuesta, Ana Fariña, Xaneco Tubío, Oli Giráldez, Alfonso Franco e Mauro Sanin.

    Música: "Muiñeira de Calvos de Randín”, interpretada por Pedro Lamas, Germán Díaz, Antonio Romero Cienfuegos e Uxía Diz en Música no Claustro 2024.

    Fotografía de portada: Música no Claustro.

    Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.

    Voir plus Voir moins
    34 min
  • Identidades: arte, artesanía e autoría. Porta da Pía Artesanía, Noroeste Obradoiro e Aitor.
    Nov 16 2025

    Neste episodio presentamos un debate sobre as fronteiras líquidas entre arte, artesanía e autoría.

    Conversamos con Susana Cabo Buján propietaria da tenda de artesanía Porta da Pía, José Castro xoieira de Noroeste Obradoiro e Aitor Martínez artesán en madeira, tres voces que representan diferentes xeitos de entender a creación contemporánea.

    Un diálogo sobre identidades, marcas comerciais e persoais, valores compartidos e soños de futuro para a artesanía galega.

    Dirección: Beatriz Fontán

    Produción executiva e comisariado: Samuel Diz

    Produción de son: Isaac Palacín.

    Deseño gráfico: Beatriz Fontán.

    Revisión lingüística: Olga Nogueira.

    Interveñen: Susana Cabo Buján, José Castro e Aitor Martínez.

    Música: "Adagio para corno inglés”, do compositor Fernando Buide del Real (Santiago de Compostela, 1980), Iria Folgado "Ecos de Breogán" (Poliédrica, 2023).

    Fotografía de portada: Música no Claustro.

    Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.

    Voir plus Voir moins
    35 min
  • Oficina Española de Patentes e Marcas, unha entidade pública ao servizo da artesanía
    Nov 9 2025

    A Oficina Española de Patentes e Marcas é unha entidade pública que protexe as patentes e os modelos de utilidade, así como as marcas e os deseños industriais na artesanía.

    Esta entidade custodia un dos arquivos históricos máis importantes do mundo no relativo ao enxeño e á creatividade humana na súa faceta de propiedade industrial.

    Pablo López de Unceta e Eduardo Rodríguez Álvarez, guían este percorrido polo pasado, presente e futuro da protección da nosa capacidade de inventar.

    Dirección: Beatriz Fontán

    Produción executiva e comisariado: Samuel Diz

    Produción de son: Isaac Palacín.

    Deseño gráfico: Beatriz Fontán.

    Revisión lingüística: Olga Nogueira.

    Interveñen: Pablo López de Unceta e Eduardo Rodríguez Álvarez.

    Músicas:

    "Atardecer”, do compositor Juan José Mantecón (Vigo, 1895- Madrid, 1964), interpretada por Samuel Diz en "Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca" (Poliédrica, 2015).

    “El fandango de Candil: Bolero” de Gustavo Durán (Barcelona 1906- Atenas, 1969) , gravación histórica de Antonia Mercé "La Argentina" (Buenos Aires, 1890- Bayona, 1936), Odeon, 1929.

    Fotografía de portada: Privilexio Real de 1854, "Mecanismo que hace pasar a un órgano del tono de capilla al de orquesta y viceversa", de Juan Amezua. Ministerio de Industria y Turismo, Oficina Española de Patentes y Marcas, O.A. Archivo, Fondo Histórico PR_1185.

    Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.

    Voir plus Voir moins
    49 min
  • Ciencia, tecnoloxía, experimentación e fama dos construtores de instrumentos musicais na historia. Cristina Bordas
    Nov 2 2025

    A musicóloga Cristina Bordas, referente internacional en organoloxía, condúcenos nun percorrido pola historia das persoas construtoras de instrumentos musicais: artesás, inventoras e enxeñeiras que uniron ciencia, tecnoloxía e arte para facer posible a música.

    Desde os obradoiros medievais ata as patentes do século XIX, Bordas amosa como a busca da harmonía impulsou avances técnicos e simbólicos, desde o compás e os autómatas ao piano de Cristofori. Un diálogo entre historia, experimentación e creatividade que reivindica o valor das persoas que transformaron o son en patrimonio universal.

    Cristina Bordas é catedrática emérita da Universidade Complutense de Madrid e Doutora en Historia e Ciencias da Música coa tese "La producción y el comercio de instrumentos musicales en Madrid, 1770-1870". É autora dos catálogos "Instrumentos musicales en colecciones españolas" (Centro de Documentación de Música y Danza, INAEM/ICCMU, 1999). É membro da Sociedad Española de Musicología, do ICOM-CIMCIM ou do IMS Study Group Musical Iconography. É socia fundadora da Sociedad de la Vihuela, el Laúd y la Guitarra; así como de Instrumenta, asociacións das que foi presidenta en diferentes períodos.

    Dirección: Beatriz Fontán

    Produción executiva e comisariado: Samuel Diz

    Produción de son: Isaac Palacín.

    Deseño gráfico: Beatriz Fontán.

    Revisión lingüística: Olga Nogueira.

    Intervén: Cristina Bordas.

    Música: "Toque de clave”, da compositora Gisela Hernández Gonzalo (Cuba, 1912-1971), interpretada por Karla Martínez Rabanal en Música no Claustro 2025.

    33 min