Page de couverture de Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

Auteur(s): Música no Claustro
Écouter gratuitement

À propos de cet audio

Resonancias é unha plataforma de divulgación de diversas experiencias, reflexións e ideas relacionadas coa investigación, a conservación e a construción de instrumentos musicais. Os contidos deste podcast forman parte do Foro profesional impulsado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia, no festival Música no Claustro con sede na Catedral de Tui. Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do PodcastMúsica no Claustro
Épisodes
  • Música e son na experiencia dos viaxeiros británicos en Galicia. Eva Moreda
    Dec 18 2025

    A musicóloga galega Eva Moreda, especialista na historia musical da España contemporánea, toma o artigo “Music in Spanish Galicia” (1924), do británico John Brande Trend, como detonante para abrir unha nova liña de investigación dedicada á música e ao son na experiencia dos viaxeiros británicos en Galicia. A súa participación conta co apoio do Glasgow Knowledge Exchange Fund da Universidade de Glasgow, institución da que é catedrática de musicoloxía.

    Moreda explora como, antes de Trend, diversos viaxeiros británicos visitaron Galicia a comezos do século XX e deixaron nas súas guías e memorias nu-merosas referencias á música e aos sons que escoitaron: gaitas, pandeiretas, procesións, música relixiosa ou cancións populares. A través destas testemu-ñas —de Annette Meakin, Walter Wood, Catherine Hartley ou Aubrey Bell— reconstrúe a paisaxe sonora histórica desa época e analiza como contribuíron a crear un imaxinario británico sobre Galicia, ás veces idealizado, pero sem-pre revelador.

    Dirección: Beatriz Fontán.

    Produción executiva e comisariado: Samuel Diz.

    Produción de son: Isaac Palacín.

    Deseño gráfico: Beatriz Fontán.

    Revisión lingüística: Olga Nogueira.

    Intervén: Eva Moreda.

    Música: Música: "Romance de don Gaiferos" Romance de cego arranxado por Pedro Lamas, e interpretado por Germán Díaz, Antonio Romero Cienfuegos e o propio Lamas no Festival Música no Claustro 2024

    Fotografía de portada: Nikolai

    Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.


    Voir plus Voir moins
    32 min
  • O entusiasmo na lutería: Ana Fariña, Guillermo Dacal e Patricia Cela.
    Dec 14 2025

    Neste episodio escoitamos as voces de Ana Fariña, Guillermo Dacal e Patricia Cela, tres persoas que deciden apostar polo oficio da construción de instrumentos musicais desde lugares e momentos vitais moi distintos, equilibrando vocación, realidade e entusiasmo.

    A través das súas experiencias persoais coñecemos mudanzas internacionais, retornos a Galicia, aprendizaxes intensas e paróns necesarios. Fálannos das dificultades reais do oficio, dos retos económicos e emocionais, dos teitos de cristal e tamén da importancia de atopar espazos de calma onde crear, reparar e recuperar sentido.

    As súas traxectorias, honestas e cheas de humanidade, lembran que detrás de cada instrumento feito a man hai unha vida en cambio continuo. E que compartir estes procesos, falar deles e poñelos en común, fortalece o sector e dálle valor á artesanía contemporánea.




    Dirección: Beatriz Fontán

    Produción executiva e comisariado: Samuel Diz

    Produción de son: Isaac Palacín e Samuel Diz

    Deseño gráfico: Beatriz Fontán.

    Revisión lingüística: Olga Nogueira.

    Interveñen: Ana Fariña, Guillermo Dacal e Patricia Cela

    Música: «Tempo molto moderato» e «Lento expresssivo» do "Quintet for Oboe and Strings" de Arnold Bax (Londres 1883 - Cork, 1953). Iria Folgado "Ecos de Breogán" (Poliédrica, 2023).

    Fotografías de portada: Retratos de Ana Fariña e Guillermo Dacal cedidas por Artesanía de Galicia e o retrato de Patricia Cela feito por Elena Llanes.

    Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.


    Voir plus Voir moins
    34 min
  • Prevención de riscos laborais nos obradoiros de instrumentos musicais
    Dec 7 2025

    Neste episodio exploramos un tema esencial, aínda que pouco tratado nos obradoiros de instrumentos musicais: a prevención de riscos laborais. Falamos do impacto que teñen materiais, procesos, espazos de traballo e hábitos profesionais na saúde das persoas que constrúen, manteñen e reparan instrumentos musicais. Para iso contamos con dúas voces complementarias:

    A lutier cántabra Elena Llanes, que en 2012 realizou o seu traballo de fin de máster de riscos laborais sobre o obradoiro de construción de gaitas de Patricia Cela, xa que logo, reflicte os riscos reais, como o po de madeira, os fungos, as vibracións ou o ruído.

    E, por outra banda, Sergio Meyer Escoboza, docente e técnico de formación e emprego da Escola Albayzín, Centro de Referencia Nacional en Artesanía, que explica como se está a incorporar a prevención de riscos na formación regrada das futuras xeracións de lutieres e profesionais da artesanía.

    Dirección: Beatriz Fontán

    Produción executiva e comisariado: Samuel Diz

    Produción de son: Isaac Palacín.

    Deseño gráfico: Beatriz Fontán.

    Revisión lingüística: Olga Nogueira.

    Interveñen: Elena Llanes e Sergio Meyer Escoboza

    Música: "Cuarteto modal”, da compositora María Teresa Prieto, interpretada polo Moser String Quartet en Música no Claustro 2024.

    Fotografía de portada: Obradoiro Cella Fine Violins.

    Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.


    Voir plus Voir moins
    40 min
Pas encore de commentaire