Page de couverture de UCC+i da UVigo

UCC+i da UVigo

UCC+i da UVigo

Auteur(s): Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo
Écouter gratuitement

À propos de cet audio

A UCC+i da Universidade de Vigo, dentro do seu Plan anual de actividades “Ciencia de ida e volta”, pon en marcha este podcast para pór en valor o labor investigador da universidade, e establecer unha canle de comunicación accesible e activa entre a institución e a cidadanía.

O obxectivo xeral do proxecto, é a promoción e difusión da cultura científica, tecnolóxica e da innovación entre os diferentes axentes sociais: estudantado, comunidade universitaria e cidadanía.

O concepto “ida e volta” trata de exemplificar o movemento circular da ciencia, como as investigación científicas poden aplicarse na sociedade e mellorar a súa contorna e como a sociedade pode promover novos retos, novas ideas ou axudar e complementar estes estudos. A unión de ambos consegue que a ciencia teña sentido, que se poida seguir investigando e que se poidan aplicar os avances no día a día.Universidade de Vigo
Science
Épisodes
  • Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Laura Salonen
    Jun 4 2025
    Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.

    Neste episodio, Laura Salonen —investigadora Ramón y Cajal do grupo de Nanomateriais Híbridos do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) da Universidade de Vigo—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. Entre outras cousas, a investigadora finlandesa confesa que, para concentrarse, ten un ritual moi persoal: escoitar a banda sonora de O Señor dos Aneis.

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    Voir plus Voir moins
    5 min
  • Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Julia Carballo Rodríguez
    Jun 4 2025
    Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.

    Neste episodio, Julia Carballo Rodríguez —doutora en Farmacia e profesora de Microbioloxía—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. Na súa historia, a docente do campus ourensán destaca a aprendizaxe derivada da pandemia: “A saúde humana non pode desligarse do medio ambiente nin dos animais. Todo está conectado”.

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    Voir plus Voir moins
    4 min
  • Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Estefanía Paredes Rosendo
    Jun 4 2025
    Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.

    Neste episodio, Estefanía Paredes Rosendo —investigadora do grupo ECOCOST do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. Un relato no que campo nos sumerximos na criobioloxía mariña, unha área na que Estefanía estuda técnicas de conservación de especies como o mexillón, a ameixa ou os ourizos de mar.

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    Voir plus Voir moins
    4 min

Ce que les auditeurs disent de UCC+i da UVigo

Moyenne des évaluations de clients

Évaluations – Cliquez sur les onglets pour changer la source des évaluations.